Publicacións

HAI ALGO MÁIS ABURRIDO QUE SER UNHA PRINCESA ROSA?

Imaxe
Aquí tedes a obra de teatro representada polas alumnas de 2º de teatro en Alfoz para on nenos e nenas do colexio:

ACTUACIÓN EN VIVEIRO

Imaxe
 O pasado 11 de maio as alumnas de teatro de 2º ESO representaron a obra de teatro "Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa" no teatro Pastor Díaz de Viveiro. Pese a algúns problemas no son a experiencia foi marabillosa. Temos que agradecer á microrrede de bibliotecas escolares da mariña que nos brindara esta oportunidade, aos centros que nos foron ver que foron un público estupendo, a Irene Paz pola ilustración do cartel e sobre todo a Ton Arenas pola súa axuda e implicación neste proxecto.  Aquí  tedes algunhas fotos da representación:                                                  

PRENDER NO TEATRO AMADOR

Imaxe
 No Nós diario fixeron unha reportaxe sobre o teatro afeccionado na que falan sobre o noso proxecto teatral, tanto da obra que preparamos cas alumnas de 2º de teatro como do traballo con monicreques que están a facer tamén en 1º na materia de proxecto competencial, alternativa á relixión. Aquí vos deixo a foto orixinal e a noticia do diario onde non sae o equipo completo...                                                                  

XOGOS DE IMPROVISACIÓN

Imaxe
 Hoxe en proxecto interdisciplinar de 1°ESO fixemos varios xogos de improvisación nos que os rapaces e rapazas demostraron moi boas dotes para o teatro. Aquí tedes algunhas fotos das súas interpretacións:

MONICREQUES

Imaxe
 O mércores 19 de outubro fixemos unha visita ao obradoiro de monicreques de Ton Arenas en Mondoñedo. Alí aprendimos moito sobre títeres, como manexalos, como moverse no teatrillo, como preparar a voz, como elaboralos... Hoxe xa comezamos a facer os nosos monicreques

HOMENAXE A CHUS RÁBADE

Imaxe
Aquí vos deixo o vídeo homenaxe que o alumnado de 1° de teatro do curso 2021-22 realizou para homenaxear a Chus Rábade pola súa xubilación  Enlace para o vídeo