No Nós diario fixeron unha reportaxe sobre o teatro afeccionado na que falan sobre o noso proxecto teatral, tanto da obra que preparamos cas alumnas de 2º de teatro como do traballo con monicreques que están a facer tamén en 1º na materia de proxecto competencial, alternativa á relixión. Aquí vos deixo a foto orixinal e a noticia do diario onde non sae o equipo completo...
O mércores 19 de outubro fixemos unha visita ao obradoiro de monicreques de Ton Arenas en Mondoñedo. Alí aprendimos moito sobre títeres, como manexalos, como moverse no teatrillo, como preparar a voz, como elaboralos... Hoxe xa comezamos a facer os nosos monicreques