Aquí tedes a obra "A aula de Tócame Roque" interpretada polos alumnos de 1º ESO 2021. Este ano non se puido facer con público pero non por iso deixamos de "teatrear"
No Nós diario fixeron unha reportaxe sobre o teatro afeccionado na que falan sobre o noso proxecto teatral, tanto da obra que preparamos cas alumnas de 2º de teatro como do traballo con monicreques que están a facer tamén en 1º na materia de proxecto competencial, alternativa á relixión. Aquí vos deixo a foto orixinal e a noticia do diario onde non sae o equipo completo...
Comentarios
Publicar un comentario